El Concello de Mondoñedo adjudica a Iberdrola la instalación en la villa de ocho puntos de recarga para vehículos eléctricos, en tres ubicaciones

O Concello de Mondoñedo,
rematado o proceso de licitación, adxudicou á empresa Iberdrola a
instalación na cidade de oito puntos de recarga de vehículos eléctricos, en
tres ubicacións. Desta maneira o consistorio avanza no seu propósito de
dotar a Mondoñedo deste equipamento. Envíase a Patrimonio a solicitude
autorización para a ubicación dos puntos de recarga

 

Na Praza do Seminario haber dous puntos de recarga. As prazas estarán en
batería. Neste entorno, a diferenza dos outros dous, considérase suficiente a
iluminación existente.
Na Praza de Jaime Cabot haberá dous postes. Neste caso estará empotrado no
muro xa existente. As prazas estarán en batería, e, para mellorar a iluminación,
instalarase un báculo de alumeado de 4 metros.
Haberá tamén un punto de recarga, con catro postes, no Campo dos Paxariños,
preto da área para estacionamento de autocaravanas. Tamén neste caso, as prazas
estarán en batería e instalarase un báculo de 4 metros para mellorar o alumeado. A
instalación desde punto obrigará a cambiar de ubicación o contedor de recollida de
roupa.

Coa instalación deste equipamento, o goberno local trata de posicionar á cidade
como punto de recarga nunha extraordinaria área de descanso monumental:
Mondoñedo. Igualmente, entende que será un atractivo para animar a entrar na
cidade mindoniense.

O obxectivo principal é o estímulo do uso de vehículos eléctricos, que é unha das
actuacións incluídas no Plan de Acción para o Clima e a Enerxía aprobado o pasado
mércores polo Concello

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos y para fines de afiliación y para mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver
Privacidad