Los días 20, 21 y 22 de noviembre se celebran en Mondoñedo las II Xornadas Gastronómicas de la Faba Verdina de Galicia.

O Concello de Mondoñedo e a Asociación de Productores de Faba Verdina
de Galicia presentaron nun acto celebrado no Salón de Plenos do Concello
de Mondoñedo a segunda edición das Xornadas Gastronómicas da Faba
Verdina.

Estas II Xornadas Gastronómicas da Faba Verdina de Mondoñedo terán
lugar os días 20, 21 e 22 de novembro, e nelas participan un total de 11
locais de hostelería da localidade. A faba verdina voltará a ser a
protagonista das tapas servidas en Mondoñedo, de xeito que o público
poida desfrutar deste alimento “gourmet” e comprobar a súa
versatilidade na cociña.

Os locais participantes son: Bar Amencer, A Bodeguiña, Bar Castro,
Bodegón da Catedral, A Cova, Restaurante Padornelo, O Petisco, O
Porriño, O Rincón, Viñoteca Segundo (Centro Social) e A Tasca

Este ano está resultando decisivo para o proxecto de Faba Verdina de
Galicia, cunha colleita de gran calidade e a consecución definitiva da
marca “FABA VERDINA DE GALICIA”, que distinguirá e certificará a orixe
galega desta legume no mercado.

No mesmo acto presentouse o Recetario de Verdina que recolle as
receitas elaboradas polos restaurantes e bares de Mondoñedo na edición
2019 das Xornadas, nunha edición que ten como obxetivo “animar ó
consumo de verdina” e que se suma ó resto de accións de promoción
postas en marcha en torno ó distintivo “FABA VERDINA DE GALICIA”.

A Asociación de Productores de Faba Verdina de Galicia naceu na
primavera do 2019 co obxetivo de apoiar e promocionar a actividade dos
productores desta faba e coa vista posta na súa comercialización directa,
tanto no mercado galego como a nivel nacional. Está constituida por
productores de Mondoñedo, Trabada e Lourenzá. A Mariña lucense é
precisamente unha referencia na producción deste tipo de fabas en
Galicia, debido á idoneidade do solo e o clima.