Mondoñedo dice No a la Violencia de Género

PUBLICIDAD

Este ano 2020 debido á situación sanitaria derivada pandemia da covid-
19 no Concello de Mondoñedo vémonos na obriga de facer un cambio nos actos

conmemorativos do Día Internacional contra a violencia de xénero.

Esta vez non contaremos cun punto informativo coma en anos anteriores,
se non que faremos unha xornada virtual a través das redes sociais do Centro
de Información ás Mulleres de Mondoñedo. Así, o mércores 25 ás 12:00 horas
farase público o manifesto “Mondoñedo di non á violencia de xénero”, para o que
se contou coa colaboración dos centros educativos do Concello (Escola Infantil,
CEIP “Álvaro Cunqueiro Mora” e IES “San Rosendo”-A Granxa). Á hora indicada
publicaremos nas redes sociais o vídeo editado para a ocasión. Poderase
encontrar en Facebook (CIM Mondoñedo e CIM Concello de Mondoñedo),
Instagram (@cimmondonedo), Twitter (@CimMondonedo) e Youtube (CIM
Mondoñedo). Ese mesmo día 25, ás 20:00 horas soarán as campás da catedral
en recordo das vítimas de violencia de xénero deste ano 2020. Para evitar as
aglomeracións, tamén será retransmitido en directo a través das redes sociais.

PUBLICIDAD

Ademais, durante esta semana recolleranse as mensaxes contra a
violencia de xénero que a poboación nos queira deixar tanto a través das redes
sociais como do correo electrónico cimmondonedo@yahoo.es Estas mensaxes
serán publicadas nas redes do CIM coas etiquetas #MondoñedodiNON e
#25N2020

Desde este medio animamos a toda a xente a que participe e comparta
as actividades conmemorativas deste ano para que o noso berro contra a
violencia de xénero chegue a todos os lugares posibles.