Mondoñedo intensifica los contactos con la Federación Gallega de Espeleología para seguir posicionando a Cova do Rei Cintolo como un recurso de gran valor

PUBLICIDAD

A Tenente de Alcalde de Mondoñedo,
Elena Candia, reuniuse este xoves con representantes da Federación Galega de
Espeleoloxía para seguir avanzando en posicionar a Cova do Rei Cintolo con un
recurso de gran valor.

Con esta xuntanza, ambas as dúas entidades intensificaron as relacións e as
negociacións para divulgar este recurso como unha experiencia turístico-natural, e
afondar, ao mesmo tempo, na súa investigación.

O encontro dá continuidade, por tanto, ao traballo que está a levar a cabo o director
do proxecto de investigación “Rei Cintolo, Obxectivo 11.000”, o doutor Marcos
Vaqueiro, quen acaba de presentar a memoria do traballo de investigación levado a
cabo na cova ao longo deste ano, e que está a ser apoiado decididamente polo
equipo de goberno local.

PUBLICIDAD

O traballo efectuado na cova no marco do citado proxecto ten por obxectivo principal
elaborar un estudo topográfico e morfolóxico. Participan 37 espeleólogos galegos,
de diferentes grupos, adscritos maioritariamente á Federación Galega de
Espeleoloxía. Tamén se levaron a cabo traballos de monitorización da temperatura
da cova nas súas zonas máis profundas. Tamén se estuda a rede de drenaxe
baixoterreña. Leváronse a cabo análises das augas.

 

Deste xeito, segundo se indica na memoria, un dos feitos máis relevantes da
campaña foi a localización de diversos restos óseos en diversas pasaxes e niveis da
cavidade. Atopáronse restos animais a máis de 49 metros de profundidade e máis
de 223 da actual entrada da cova. Os datos preliminares apuntan á presenza de oso
pardo nos niveis máis altos da cova, hai uns 9.000 anos. Ata o momento non se
coñecía fauna na cova de máis de 7.500 anos.
Dende o Concello manifestan así que, xa que esta cova ten a distinción de Destino
Turístico Científico coa certificación Observer @, non deixan de traballar na súa
promoción, como así se demostra na valoración e estudo da proposta da Federación
Galega de Espeleoloxía para a creación do Espeleoparque da Mariña.