Non confinaràn as nosas
loitas.
O feminismo encherà as rúas ata que todas sexamos libres e ningunha teña medos.
Estar aquí hoxe, esixindo que non se exerza ningún tipo de violencia sobre nós polo feito de ser mulleres, énchenos de raiba.
As labores de coidados que, xa estaban estigmatizadas e ocultas, pasaron a ser transparentes: ninguén sabe cómo, as mulleres do país foron capaces de traballar e coidar ao mesmo tempo.
Si que o saben…o sistema mantívose sobre os ombros das mulleres que seguiron traballando cunha man, mentras ca outra explicaban un tema de Xeografía, respondían ao teléfono polo altofalante e pasábanlle a chave á porta porque a avoa ese día deambulaba sin sentido nin acougo.
Mantívose sobre as mans firmes das mulleres que apenas pecharon os ollos para deixar a roupa planchada e a comida feita. Mans cheas de notas a boli azul, chamar á profe, mercar patacas…
Mantívose sobre as costas das mulleres que secaron bágoas sen deixar de limpar, mudaron cueiros sen deixar de escoitar, que atenderon a todo e de todos ademáis da súa xornada laboral
Violencias contra as mulleres, violencias machistas, violencias sexistas… Acaso existe esa violencia, que parece ser, experimentamos diferente?
O 80% das mulleres do país recoñece ter recibido tocamentos non consentidos … e un alto porcentaxe recoñece sentirse culpable de recibilos
O 90% das mulleres do país recoñece ter recibido comentarios incómodos… e un alto porcentaxe recoñece que foron no espazo público e que ao seu redor as persoas sorrían, sorríamos
Coloquemos entón as cousas no seu sitio: Nese sorriso cómplice ante un comentario inapropiado sobre o corpo dunha muller, seméntase a espiral de violencia que nos lastra como sociedade.
Nese xoguete inocente que enseña ás nenas a coidar e aos nenos a matar, nacen amores que pisan e bicos que baten.
Nese pai asustado e incapaz, ao que o único que lle ronda a cabeza é protexer á súa filla, e constantemente nomea perigos que pode sufrir cos demáis homes: flota no aire, con cada unha das súas advertencias paternais, a misoxinia social.
Borremos o “Calada estás máis guapa” do imaxinario colectivo.
Precisamos políticas que nos sitúen nos primeiros planos, porque as nosas palabras, non teñen a mesma credibilidade…etiquetadas durante séculos de histéricas, nerviosas, malas, esaxeradas, interesadas.
A palabra de honra sempre estivo en posesión dos homes
a nosa honra entre as pernas.
Non podemos quedarnos caladas: o silencio é cómplice da desigualdade, da brutalidade, é cómplice do ilícito: Se calamos ante unha situación de violencia machista consentimos e perpetuamos a súa existencia
Por unha sociedade plural e incluínte respetuosa cos DEREITOS HUMANOS onde se traballe para mellorar a calidade de vida de TODAS, de TODOS, de TODES
Por unha sociedade libre de violencias machistas na que as mulleres non teñamos asignado o papel de secundarias
Por unha sociedade na que todas teñamos dereitos e ningunha teña medo.
Saímos às rúas a esixir XUSTIZA
Saímos às rúas a esixirHUMANIDADE Sairemos á rúa ata que todas sexamos libres,
Ningunha menos Vivas nos queremos
Asdo
Batucada feminista MeigasBravas Son