La Fundación Educativa y Social Dignidade presentó una oferta para adquirir el edificio del antiguo hospital de Cabanela de Mondoñedo

Representantes da Fundación Educativa
e Social Dignidade presentaron este venres ao alcalde e á tenente de alcalde de
Mondoñedo, Manuel Otero e Elena Candia, respectivamente, unha oferta para
adquirir o edificio coñececido como o antigo hospital de Cabanela.

Os servizos xurídicos do Concello informan que esta entidade cumpre os requisitos
para tramitar a adxudicación definitiva. Na reunión explicaron o proxecto a situar no
edificio que prevé crear un aloxamento turístico xestionado pola Empresa de Inserción
Laboral Grupo Dill, promovida pola Fundación, e tamén catro vivendas de inclusión.
Tanto Otero como Candia valoran “moi positivamente” a aposta desta entidade social
por Mondoñedo, e que permite cumprir, din, “un obxectivo social tan importante para
a nosa sociedade”.

Este Grupo corresponde a un tipo de empresa cuxa finalidade social se orienta á
integración e formación social e laboral das persoas en situación de exclusión social
como tránsito de emprego ordinario. A Fundación Educativa e Social Dignidade é,
ademais, a entidade que xestiona o centro de menores instalado nas dúas primeiras
plantas do edificio. Está dotado con 17 prazas e xestionado pola Fundación despois
de licitar o mesmo que financia a Xunta de Galicia e que o Concello colabora
previamente cedendo parte do edificio para ese fin.

Edificio emblemático
O antigo hospital de Cabanela é un edificio emblemático cuxa rehabilitación e
restauración supón un avance na mellora do parque inmobiliario de Mondoñedo e
mellora a súa imaxe urbanística, pero tamén permite dotar a esta localidade de novos
servizos. Coa construción deste centro de menores, a entidade local xa creou unha
ducia de postos de traballo e prevé medrar. Isto foi posible grazas ao convenio co
Instituto Galego de Vivenda e Solo que achegou ao Concello 450.000 euros para
adquirir o edificio e que a entidade local devolverá integramente unha vez rematado o
proceso de venda.

O inmoble é un edificio que tivo uso hospitalario na segunda metade do século
pasado ata o ano 2003 que cesou a actividade. Agora, grazas ás novas negociacións
do goberno local, adquire unha nova función, converténdose nunhas dependencias
útiles á sociedade mindoniense, e poñendo en marcha un proxecto social que axuda a
fixar poboación e que crea emprego.